XVII Ven de pasar un anxo! Que querería dicir con iso? Era el un anxo? Matinou tres ou catro lúas e de todas as posibilidades baralladas a de maior peso era que os rapaces de agora chaman anxo xenericamente a unha cousa verde con catro patas e cola correndo por entre as pedras. A teoloxía volvía ter senso, o lagarto foi comer outro anaco da biblia da parroquia para calmar os seus apetitos transcendentais, abriu a boca e dixo. Teño que deixarme ver máis, amén.

vidas do lagarto

free web counter

  © Blogger templates Newspaper II by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP