XII Non sei se debo vivir máis. Murmurou para os seus adentros o lagarto-cangrexo sen deixar de facer puñetes. E foi falar cun teólogo titulado sobre o proceder ante tales dúbidas existenciais.
Debo vivir? Máis, quero dicir.
Ó crustáceo o medo comeulle o cacho e non agardou resposta.
Que importancia ten que viva máis ou non, despois de todo se a dúbida sobrevive que importancia tería a procura desa certeza.
Avemaríapurisima que perdo o autobús das sete! e sen dicir máis nada guindouse baixo das rodas do Plus Ultra das sete.

vidas do lagarto

free web counter

  © Blogger templates Newspaper II by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP