XXVI O mundo laboral! Desde hai uns días esta era a única teima de todo o mundo ó seu redor. O mundo laboral! Meu deus como está! O lagarto miope non dicía nada e calado foi disimulando ata un posto de traballo por ver a realidade a pé de obra. Observou longo tempo ós obreiros poñer pedra sobre pedra, facer cemento, cavar, beber cervexa, suar, cargar cas pedras, deixalas de novo no chan, levar dun lado para outro as ferramentas, comer un bocadillo de moi bo aspecto, botar fume pola boca, e volta a empezar. Así de primeiras o mundo laboral non cambiara tanto desde o tempo das pirámides, seica no dos bocadillos.

vidas do lagarto

free web counter

  © Blogger templates Newspaper II by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP