XXV Viñeron os amigos da charca e sacou unhas botellas de sangue de touro que vai moi ben cos aperitivos salgados, unha man rozou ca súa. Só é cristal! E cunha mala uva doente foi por unha vasoira e un recolledor, aparello odiado desde a nenez. Simulou rir cun chiste infame e trouxo outra bandexa de castañas con caramelo. E destas veu que desexaba foder pero a vítima sorprendida suspirou. Queda viño Sisebuto? E nesas o sapo Sisebuto eructou e un riso colectivo percorreu o buraco do valado. Aí decidiu que pertencería a directiva de alcólicos anónimos e cando o imbécil de Sisebuto pedira a palabra non fallaría, no centro da testa xustiño no centro. E nestas rematou o viño e todos fuxiron sen facer froallo que non era cousa de espertar ó anfitrión e ter que limpar.

vidas do lagarto

free web counter

  © Blogger templates Newspaper II by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP