Tiña a alma baleira, non tiña nin unha bagoa que soltar cando esqueceu o que agora ollaba. A nada que tanto temía era a dona e señora da súa lingua e decidiu calar. O corazón pesáballe dúas ou trescentas vidas sen auga, sol e alegrías. E o lagarto miope pechou tamén os ollos para non ter de man máis argumentos, non quixo lembrar nada, nin deixar algo como rastro de vida, non quixo nin moverse mentres lle escribían no lombo “XXX”, logo un golpe seco e a súa cabeza por fin voou ceibe coma un berro.

vidas do lagarto

free web counter

  © Blogger templates Newspaper II by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP