Era un lagarto miope que odiaba o sol en especial cando non chovía... e cría na transmigración das almas pero na mesma vida e nas outras, en cada silencio que lle permitira ollar cara diante decatábase de que xa vivira outra vida inútil e iso cansábao, dáballe noxo e como resposta odiaba o sol en especial cando non chovía.
Médium de orixe checa e devanceiros galegos, melómano e onanista a partes iguais. Vaga por Europa dende a primavera do 68 canda Erik caChuzo na procura da gloria anunciada polo lema das súas epatantes familias,"pijë capskj ivsil trasren empapsk”